IGUALDADE
DECLARACIÓN DE ADHESIÓN AO MANIFESTO POLA IGUALDADE NO DEPORTE
O club SAGABOX súmase ao manifesto pola igualdade no deporte asinado entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Secretaría Xeral da Igualdade, para desenvolver actuacións encamiñadas a:
• Incluír nas políticas de xestión da entidade o principio democrático de igualdade de xénero, garantindo unha participación en que mulleres e homes desempeñen as súas funciones en igualdade de condicións.
• Fomentar as relacións igualitarias desde un ambiente de colaboración e participación entre os sexos, promovendo, nunha convivencia plural, a concordancia de xénero, buscando a equidade e respectando as diferenzas.
• Difundir o emprego de linguaxe non sexista nin discriminatoria no seo das relacións entre as persoas vinculadas á entidade.
• Garantir o acceso en termos de igualdade e non discriminación aos colectivos directamente implicados na nosa actividade deportiva (persoas adestradoras, deportistas, etc.).
• Substitución da violencia polo diálogo na resolución de conflitos entre nenos e nenas.
• Promover a educación de nenos e nenas a través da práctica de actividade física e o deporte como base para acadar un desenvolvemento social baseado na igualdade.
• Garantir o principio de igualdade de oportunidades para permitir ás mulleres acadar o seu potencial de actuación deportiva, e ter en conta as necesidades específicas deste colectivo.