Sagabox organiza velada en Baiona 15/02/2025

O Club Deportivo Sagabox, en colaboración co Concello de Baiona, realizará o próximo día 15 de febreiro, sábadok, ás 20 horas unha gran velada de boxeo no Pavillón municipal de Baiona.
É unha velada Mixt, xa que conta de combates amateur, neo e profesional, serán dez combates, participarán púxiles de oito clubs galegos e un portugués.

Os combates son os seguintes: Cristian Santo do Sagabox medirase con David López do 10 onzas, Abel Pintado contra Anxo Otero do Boxing Lugo, en terceiro lugar Abdessamad Bourkarkour do Sagabox compite contra Víctor Simon do Luciano Team, Stiven Cruz pelexa contra Joel Martínez do Rebouras Team, Nicolás Gómez do Sagabox contra o púxil de Baiona Bernard Rodríguez, Richard Blanco do Flow Combat contra o púxil Branyel Suárez da Escola de Boxeo Padin, Arashi Bustamante do Rebouras Team contra Dayrel “Cuba” Morena do Luciano Team, na categoría Neo, o púxil do Sagabox Samu Marfo enfróntase ao ucraíno residente en Vigo, Alexander “Mirou” Youbenko do Flow Combat.

No combate de semifondo Pepe Reguera do Flow Combat compite contra o púxil luso, Celestino Lima do Vitoria de Guimaraes.

Como colofón, un combate profesional a seis asaltos de tres minutos, entre o púxil venezolano Danny Núñez e Kike “Rayito” García, que sacará a súa mellor versión camiño ao título nacional.